xoves, 10 de outubro de 2013

Botando a andar Connosco

Ola a todos! Somos Connosco, un pequeno estudio de deseño e desenvolvemento de software que quere empezar a andar dende Carnota, na Costa da Morte.

Connosco somos Iván e Mario, dous amigos con máis de dez anos de experiencia en desenvolvemento de software, deseño gráfico e web, edición, redes sociais e máis. Temos moitas ideas bulindo polas nosas cabezas e estamos desexando poñelas en funcionamento para o voso servizo.

Estamos acabando de darlle a Connosco presenza en internet coa construción da páxina web, do blog e das redes sociais e en canto acabemos con esto iremos contando máis historias neste blog.

Non perdades o fío e seguide Connosco!

Ningún comentario:

Publicar un comentario